06/04/12

O DICIONARIO ELECTRÓNICO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Hai uns días a Real Academia Galega presentaba o seu novo sitio web e o Dicionario eléctrónico da RAG, que adaptado á reforma normativa aprobada pola institución no ano 2003, recolle aproximadamente unhas 50.000 voces.

Con esta nova obra, ademais de acceder de xeito rápido á información lexicográfica das voces podemos coñecer a realización sonora das palabras que funcionan como entradas do dicionario.

Adiante coas consultas e velaquí queda o buscador do DRAG para Firefox. Amais do DRAG, tedes outros complementos para o buscador Firefox coma o VOLGa e os recursos terminográficos do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo!